MENÚ SEMANAL E PROPOSTAS DE CAMBIO

Este curso repetimos a actividade na que o alumnado de Anatomía de 1º de Bacharelato anotou a súa alimentación diaria durante unha semana.

Despois de adquirir novos coñecementos sobre alimentación saudable, analizaron o seu menú semanal e realizaron propostas de cambio.

Se o consideraron necesario, tamén incluiron cambios nos seus hábitos de actividade física.

Aquí podes consultar un dos exemplos de unha das alumnas:

Anuncio publicitario

EXPERIMENTANDO CON ALIMENTOS EN BACHARELATO

Grazas ao reactivo lugol (pode empregarse Betadine) é posible detectar o amidón nos alimentos mediante a observación dun color azul violáceo. O amidón é un glícido de reserva de orixe vexetal. Con esta práctica o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato puido comprobar que o amidón está presente en produtos que o conteñen de maneira natural (por exemplo a patata), como nos derivados que empregan fécula para abaratar o produto ( como no caso de alimentos cárnicos coma embutidos ou salchichas).

Detección de amidón

Máis fotografías de esta práctica en: https://photos.app.goo.gl/R4TcDH2TnHjnGjuXA

As alumnas e alumnos de 2º de bacharelato identificaron as biomoléculas presentes en diferentes alimentos de consumo diario  como leite, pataca, aceite, pasta… Familiarizáronse así coas técnicas de laboratorio e os reactivos que se empregar para a detección destas.

Identificación de biomoléculas en alimentos

Máis fotografías de esta práctica en: https://photos.app.goo.gl/nQ73JUZyYpy7XQ2y6

ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA CLASE DE BIOLOXÍA DE 3º DE ESO

Un curso máis os alumnos de 3º ESO deben meterse na cociña de deseñar un almorzo saudable e un plato de Harvard e compartir a fotografía co resto de compañeiras e compañeiros.


O Prato da alimentación saudable na Escola de Saúde Pública de Harvard tiña que cumprir as seguintes premisas:

– A medade do que comes deben ser froitas e verduras.

– Un cuarto deben ser cereais integrais. 

– O outro cuarto debe ser proteína saudable, como a que provén do polo, pavo, pescado branco, pescado azul, legumes, ovos ou froitos secos. 

– A graxa principal debe ser o aceite de oliva virxe e como bebida…. auga!

Exemplo de prato de Harvard dun dos alumnos

Podes ver o resto dos pratos en: https://photos.app.goo.gl/zdGiEBfLHHdntVoKA


Tamén tiñan que deseñar unha proposta de almorzo saudable. Que debía  incluír

– Leite ou derivado lácteos, como iogurt ou queixo

– Cereais e derivados pero con fibra, como pan integral, avea…

– Froita fresca.

A combinación equilibrada destes tres grupos de alimentos aportan os elementos básicos: os hidratos de carbono, a fibra, a proteína, a auga e a cantidade de graxa necesaria. Poden completarse con outros alimentos como froitos secos (noces, améndoas…), alimentos proteicos como ovos ou queixo e alimentos graxos como aceite de oliva virxe extra.

Exemplo de almorzo saudable dun dos alumnos

Podes ver o resto dos almorzos en: https://photos.app.goo.gl/P91gn4hFFqLp9QDq9

RUTA NOS PENEDOS DE PASARELA E TRABA

Por segundo ano consecutivo, o 13 de xuño repetimos a saída aos penedos de Traba e Pasarela. Nesta ocasión, o alumnado de 1º e 3º ESO realizou unha ruta de sendeirismo para coñecer os Penedos de Traba e Pasarela e protestar contra a instalación dun parque eólico nunha das Paisaxes Naturais Protexidas máis emblemáticas da Costa da Morte.
Despois de estudar na aula a súa formación e os valores científicos e culturais desta paisaxe granítica única no mundo, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer in situ os penedos máis singulares e subir ata a Torre da Moa, desde donde poideron disfrutar das impresionantes vistas da Lagoa e o areal de Traba.

Finalizamos a ruta paseando na praia de Traba.

APRENDENDO ANATOMÍA NO CLUB DE CIENCIAS

As voluntarias e voluntarios do Club de Ciencias tiveron a oportunidade de realizar diseccións de corazóns e pulmóns de porcos, coa axuda de Lucía Gabín, Tania Pose e Lorena Martínez da materia de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato, que explicaron todas as partes dos órganos e o funcionamento do aparello cardiorrespiratorio.

Despois de preparar o material necesario, explicáronlles como tiñan que facer para separar os órganos.         A continuación, unha vez separados os órganos, demostráronlles que, cando poñemos nun vaso de auga un anaco de fígado e outro de pulmón, o primeiro afúndese e o segundo non por mor da cantidade de aire que aínda contén no seu interior e que o fai flotar.

     Finalmente experimentaron con pulmóns e enchéronos de aire coa axuda dun bombín para ver de primeira man como é o seu funcionamento.

A verdade é que resultou unha xornada científica moi ben aproveitada!

Máis fotos en: https://baiociencias.blogspot.com/

RECREOS AO SON DA SAÚDE

Este curso durante a 1ª e a 2ª avaliación organizáronse torneos de tenis de mesa, bádminton e voleibol, ademais de Parkour. Todas foron a elección do alumnado.

Durante a 3ª avaliación, grazas a maior flexibilidade dos protocolos Covid, permitiuse o préstamo de material para todo o alumnado e a práctica libre, cun maior éxito do fútbol e do voleibol.

EXPERIMENTOS DE ALIMENTACIÓN E SAÚDE

As alumnas Lucía Gabín, Lorena Martínez e Tania Pose de 1º de Bacharelato explicaron aos demais voluntarios e voluntarias do Club de Ciencias as bases científicas e as pautas para a realización de experimentos relacionados coa alimentación saudable.

 En primeiro lugar analizaron a influencia do colesterol na circulación sanguínea: nun bote de cristal introduciron un pouco de espuma illante que ao inchar, deixa case todo o volume do recipiente tapado. Este efecto é o que se observa nas veas cando hai colesterol no seu interior; puidemos comprobar como o sangue (auga coloreada) presenta dificultades para chegar ao fondo do bote de cristal.

              En segundo lugar deseñaron unha bebida isotónica personalizada. Para comezar explicaron os compoñentes principais das bebidas isotónicas e a continuación puxéronse mans á obra. Tendo en conta que a base principal da mesma é azucre, sal e agua e, partindo dunha infusión de té ou agua e mesturando coas cantidade ao gusto de mel, zume, sal, limón, herbas aromáticas, elaboraron a súa propia bebida con gran capacidade de rehidratación e que nos axudan a repoñer as substancias perdidas durante a actividade física. Tamén comentaron que en ningún caso hai que confundilas coas bebidas enerxizantes nin coas bebidas estimulantes.

A seguinte proba, realizada despois de ver un vídeo onde se explicaba a mesma, consistía na identificación mediante un imán da presenza de ferro en diferentes alimentos (lentellas, cereais ricos en ferro…). A cantidade de ferro presente nos produtos utilizados non foi suficiente para poder detectala mediante o magnetismo, polo que consideramos que foi un experimento fallido, pero teñamos en conta que a Ciencia avanza con erros e acerto.

A continuación, realizouse a comparación dunha bebida refrescante con azucre e sen azucre. Tras evaporar a auga presente na bebida puidemos comprobar como na bebida sen azucre apenas quedaban residuos e na que si presentaba azucre quedaba un residuo negro na pota. Polo tanto debemos ter isto en conta á hora de elixir a bebida.

E o último experimento consistiu na extracción do ADN da froita: empregando material común -xabón, filtro e alcohol- podemos observar a estrutura fibrilar do ADN de diferentes froitas; nós utilizamos plátanos e fresas. Para comezar machácase a froita cun pouco de auga e xabón. Despois fíltrase a mestura obtida e engádese un pouco de alcohol. A capa branca que observamos é o ADN.

Máis fotos en: https://baiociencias.blogspot.com/

CAMPIONATO ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

O 9 de maio o alumnado de 1º e 3º de ESO participou no campionato escolar zonal de Orientación no Campamento do Loreto en Porto do Son.

Foi unha gran xornada de confraternización con outros Institutos e de práctica de iniciación ás carreiras de Orientación, un excelente deporte para prácticar ao aire libre.

Destacamos a Desirée Vázquez Castiñeira de 3º de ESO, que foi segunda clasificada na categoría cadete.